CRTVG

Buscar

Un Leyma de máis a menos comeza a liga con derrota

Publicado o 09/10/2021 13:37

Sen case pretemporada e con moitas pezas por axustar, xa se aventuraban dificultades para o Leyma Coruña na súa toma en contacto coa LEB Ouro. O Cáceres non debe ser un rival directo na loita polo ascenso, pero rematou o partido con varias marchas máis cos coruñeses.
Nos primeiros minutos, todo foi distinto. Liderados por Kadre Gray e Ashley Hamilton, o leyma obtivo ata 17 puntos de renda. Todo isto no ecuador do segundo cuarto, con lesión de Zach Monaghan incluída.
Logo do intermedio, o Cáceres equilibrou o partido. En varios arreóns de Mateo Díaz e Devin Schmidt, logrou unha paridade que se mantería ata o final. O remate de partido foi para esquecer. Perdas de balón, faltas e tiros libres concedidos facilitaron o triunfo cacereño.

Un dato. O Leyma non foi capaz de anotar en xogo nos últimos seis minutos e 45 segundos. Só cabe mellorar.

 

Noticias web

09/10/2021