CRTVG

Buscar

Un ladrón leva o peto da Fundación Andrea dun supermercado de Vilagarcía

Publicado o 02/08/2021 14:24

As cámaras de seguridade do supermercado situado en Rubiáns, en Vilagarcía, gravaron este domingo o momento en que un individuo forza o enreixado que protexe a porta principal do local para despois romper un cristal e conseguir introducirse no interior. O delincuente foi directamente polo peto solidario en que os clientes depositan moedas en beneficio da Fundación Andrea sen prestarlles atención ningunha ás caixas rexistradoras.

A policía estuda xa as imaxes da cámara de seguridade para identificar o asaltante, que tamén levou unhas cantas botellas de alcol. O roubo resulta especialmente miserable por canto a Fundación Andrea proporciona apoio a nenos que padecen enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.

 

Noticias web

02/08/2021