Un laboratorio de Lugo fai un estudo de prevalencia da cepa británica en Galicia
En Galicia notificáronse ata o de agora 41 casos da cepa británica, a variante da covid que ten máis facilidade para reproducirse, e, polo tanto, de contaxio. Para intentar determinar a incidencia desta cepa na nosa comunidade, un laboratorio lugués fixo un estudo de prevalencia. Analizou 500 mostras de casos positivos e detectaron esta variante no 13 por cento.
"Cantabria refería a finais de xaneiro un 20 por cento, a comunidade de Madrid tamén, aquí practicamente é a metade", explica Alfonso Alba, do Instituto de Estudos Celulares e Moleculares.
Empregan a técnica da secuenciación xenómica que é máis precisa.
"Secuenciamos a proteína spike do virus e vimos esas diferenzas, a B117, que é a inglesa", engade Alfonso Alba.
De momento é difícil establecer se vai a chegar a ser a variante dominante coma noutros países, xa que hai que esperar a ver como actúan as vacinas. No estudo non se detectaron as outras variantes que preocupan, a surafricana e a brasileira.