CRTVG

Buscar

Un kamikaze provoca un accidente con 8 feridos na A-6 en Madrid

Publicado o 04/10/2019 13:55

E na A-6, un condutor que circulaba en sentido contrario provocou esta pasada noite un accidente moi aparatoso con oito feridos graves. O sinistro tivo lugar á altura da localidade madrileña de Aravaca.

O condutor que circulaba incorrectamente tiña 76 anos e ía acompañado doutras dúas persoas máis novas e dun menor. Todos quedaron feridos de gravidade. O coche bateu contra outros tres vehículos. Os bombeiros de Madrid tiveron que intervir para rescatar de entre a ferralla os ocupantes do segundo turismo co que colidiu o kamikaze.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019