CRTVG

Buscar

Un kamikaze accede en sentido contrario á AP-9 e provoca dous accidentes con dous feridos na Coruña

Publicado o 24/10/2019 20:29
Un kamikaze accede en sentido contrario á AP-9 e provoca dous accidentes con dous feridos na Coruña

Dúas persoas quedaron feridas tras bater o seu vehículo contra outro que circulaba en dirección contraria na AP-9, na Coruña.

Varios condutores contactaron co 112 Galicia para informar dun coche que accedeu á autoestrada en Elviña polo lugar equivocado e provocou ata dous accidentes.

Segundo indicaron, o vehículo ía a velocidade moderada, aínda que iso non impediu que batese contra dous coches e causase lesións a dúas persoas. Por iso, desde o 112 Galicia, avisouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Cómpre sinalar que os feitos ocorreron pasadas as catro desta tarde, concretamente no quilométro dous da AP-9. En base aos datos recompilados polo 112, o condutor que circulaba en dirección contraria chocou  primeiro contra outro vehículo, pero continuou a marcha para chocar posteriormente contra o segundo. Ao final, dúas persoas necesitaron asistencia médica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019