CRTVG

Buscar

Un Jorge Prado ferido suma 14 puntos para o Mundial en Francia

Publicado o 10/10/2021 17:36

Jeffrey Herlings logra a vitoria e é o novo líder do Mundial

O campionato do Mundo de motocross visitou hoxe Francia, nunha proba na que Jorge Prado foi capaz de competir a pasar da súa grave caída a pasada fin de semana en Alemaña O piloto galego non puido estar entre os mellores. Foi o décimo sexto na primeira manga e o décimo segundo na última. Sumou 14 puntos para a clasificación do Mundial. A carreira de hoxe ofreceu un vibrante duelo entre o local Romain Febvre e o holandés Jeffrey Herlings, que conseguiu a vitoria grazas a un adiantamento nos últimos instantes. Con este triunfo recupera o primeiro posto no Mundial, cunha pequena vantaxe sobre Febvre e Gajser. Prado é o 4º, a 62 puntos do liderado.

Noticias web

10/10/2021