Un instituto santiagués pon en valor o traballo de Xosé Vizoso en Sargadelos
Un traballo dos alumnos dun instituto de Santiago recupera a obra de Xosé Vizoso, creador de Sargadelos durante 40 anos. O que comezou como proxecto pedagóxico converteuse nun documental que lle fai homenaxe a unha das figuras máis relevantes das artes plásticas galegas do século vinte.
As súas creacións están moi presentes na nosa vida cotiá, pero poucos lle poñen cara a Xosé Vizoso, debuxante, muralista, escultor e deseñador de Sargadelos durante máis de 40 anos. Por iso, os alumnos do Instituto Rosalía de Castro de Santiago viron nel o protagonista perfecto para o proxecto de lingua.
A entrevista ao artista, na súa casa de Brión, permitiulles aos alumnos descubrir o proceso creativo dun autor prolífico e afondar no labor xornalístico e en novas competencias.
O interese do proxecto fixo que se convertera nun documental da man da produtora Arraianos. Así que este proxecto faille xustiza á alma de Sargadelos.