CRTVG

Buscar

Un informe psiquiátrico establece que a nai de Desirée Leal sofre un cadro psicótico

Publicado o 11/10/2019 15:14

A fase de instrución no caso da morte da pequena Desirée Leal retomouse a principios de outubro no Xulgado número un de Vilalba. Esta mañá declararon os técnicos sanitarios que acudiron ao domicilio da nena o pasado 3 de maio, a mañá en que a cativiña apareceu morta.

A nai é a única investigada en relación coa morte de Desirée Leal. No xulgado presentouse onte unha avaliación psiquiátrica en que, segundo transcendeu, se afirma que a nai sofre un cadro psicótico que, ata o de agora, non estaba diagnosticado e que vivía nunha realidade paralela, con ideas delirantes que xa manifestara con anterioridade ao asasinato ou homicidio da pequena Desirée.

Despois de catro meses ingresada no hospital Universitario de Lugo, a detida pasou ao cárcere de Bonxe ata finais de agosto, cando foi trasladada ao cárcere de Teixeiro, en Curtis, onde permanece na unidade de enfermería.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019