CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Un informe psicolóxico revela que o líder dos miguelianos non é o autor do maltrato ás consagradas

Publicado o 16/05/2018 15:08



Un informe psicolóxico conclúe que Miguel Rosendo, o líder da orde dos Miguelianos, non é o autor dos malos tratos a catro integrantes da organización. A defensa vai pedir a súa posta en liberdade condicional.


O acoso existe. As catro mulleres, segundo o informe psicolóxico encargado pola defensa, presentan un cadro de estrés postraumático.


Pero o autor deses acosos non é Miguel Rosendo.


Son as integrantes da organización quen dan o nome do autor dese maltrato psicolóxico.



A defensa presentou toda esta información na Audiencia Provincial de Pontevedra. Rosendo leva na cadea dende novembro do 2014
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí