CRTVG

Buscar

Un informe policial sostén que Neurona entregou cartos a membros de Podemos

Publicado o 16/02/2021 17:01
Un informe policial sostén que Neurona entregou cartos a membros de Podemos

Un informe da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía Nacional (UDEF) sostén que a consultora Neurona lles entregou 5.000 euros a membros de Podemos.

O documento di que un dirixente da formación en Madrid retirou 2.000 euros da conta da consultora días despois das eleccións autonómicas de maio de 2019.

Neurona, vinculada a Juan Carlos Monedero, cobrara 38.000 euros de Podemos, segundo o informe da Policía Xudicial incluído na causa que investiga o presunto financiamento ilegal do partido de Pablo Iglesias.

Noticias web

16/02/2021