CRTVG

Buscar

Un informe policial nega a versión de Ciudadanos sobre o desfile do Orgullo

Publicado o 09/07/2019 18:14

Un informe policial contradí a versión de Ciudadanos sobre os incidentes rexistrados na marcha do Orgullo. Responsables do operativo din que os dirixentes do partido sempre estiveron acompañados por axentes de paisano, pero destacan que en ningún momento seguiron as instrucións policiais.

O informe nega que se producisen agresións físicas, e só identifica o lanzamento dunha botella de auga baleira. Explica que se realizou unha mínima intervención policial cando o grupo decidiu abandonar a manifestación.

Albert Rivera culpa ao Goberno de Sánchez do clima creado e di que denunciarán os feitos."Vistas as imaxes deplorables, as escenas lamentables que vivimos o sábado no Orgullo, con agresións, insultos e vexacións a simpatizantes de Ciudadanos, anuncio que imos presentar hoxe mesmo un escrito á Fiscalía de denuncia dos posibles delitos de odio, inxurias e agresións", dixo o presidente de Ciudadanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019