CRTVG

Buscar

Un informe nega o uso preventivo e terapéutico do cánnabis fronte á covid-19

Publicado o 29/09/2020 14:07

O informe conclúe que non hai ningunha evidencia científica para o uso do cánnabis como prevención ou terapia ante os síntomas da covid-19. É máis, os investigadores aseguran que as persoas que fuman cánnabis ou vapean os seus derivados terán máis risco ante o coronavirus.

Manuel Isorna, profesor de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, e autor do informe, explica que o mellor que se pode facer é abandonar o seu uso, porque tanto o cánnabis como o tabaco "atacan a vía respiratoria e a vía pulmonar". 

O artigo, asinado polo grupo Ibero Ciencia e publicado na revista Adicciones, sinala os perigos pulmonares e psiquiátricos do opiáceo. E alerta das noticias falsas que xorden en tempos de pandemia

Por iso recomendan contrastar a información. E lembran que o cánnabis é unha droga que habitualmente se fuma de xeito compartido, algo que tamén pode aumentar -din- a probabilidade de contaxio.

Noticias web

29/09/2020