Un informe da UDC avala a autorización da Xunta para vender Ferroatlántica
Publicado o 05/08/2019 16:08
Un informe xurídico da Universidade da Coruña avala a obrigatoriedade da autorización administrativa por parte da Xunta de Galicia para a venda das plantas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría.
Este estudo, solicitado polo sindicato CIG, recolle xurisprudencia que fai concluír que, se non conta coa autorización do Goberno autonómico, podería extinguirse a concesión das centrais hidroeléctricas do Xallas, en mans de Ferroatlántica.