Un informe da Comisión Galega da Competencia di que a suba das peaxes da AP9 é excesiva
Publicado o 04/10/2021 14:54
A Comisión Galega da Competencia estima que, co incremento do prezo das peaxes, Audasa recibirá máis cartos dos que custaron as obras de ampliación de Rande e doutros tramos da autoestrada.
Ata 2043 suporía un beneficio de preto de 1.500 millóns de euros para financiar unhas obras que non chegaron aos 230 millóns que custaron. Unha diferenza que consideran un beneficio económico inxustificado. Os usuarios da autoestrada comparten a opinión de que as peaxes son excesivas.
O informe da Comisión de Competencia tamén sinala que as prórrogas consecutivas impiden a concorrencia doutros operadores, prexudicando os consumidores.