CRTVG

Buscar

Un incendio provocou o derrubamento dunha casa na Pobra de Trives

Publicado o 30/03/2019 21:20


O lume mantivo en tensión a veciñanza durante toda a noite, porque as lapas ameazaban con estenderse aos inmobles próximos. O primeiro en alertar do lume foi un mozo que pasou por diante co coche e viu como as lapas se propagaban a gran velocidade nesta vivenda, no concello da Pobra de Trives. Eran arredor das once e media da noite e a veciñanza deste lugar de Sobrado xa estaba na cama ou a piques de marchar para ela, cando se empezou a correr a voz.


"So as paredes de fóra resistiron... pero o interior quedou totalmente calcinado. A casa normalmente está habitada...por sorte a dona non se encontraba nela"

O risco de que o lume se puidese estender a outros inmobles próximos, obrigou a reforzar o equipo de extinción, ao que se sumou o servizo de bombeiros de Ourense e voluntarios de Protección civil de San Xoán de Río e Manzaneda.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/03/2019