CRTVG

Buscar

Un incendio provoca cuantiosos danos nunha granxa de Castro de Rei

Publicado o 19/03/2019 20:08

Incendio esta tarde nunha granxa do concello chairego de Castro de Rei. Ardeu un carro mesturador e parte da cuberta dunha nave, polo que os danos foron cuantiosos. 

Así quedou o carro mesturador autopropulsado que ardeu no incendio declarado nesta explotación leiteira de San Xiao de Mos, en Castro de Rei. Todo apunta a que a orixe do incendio foi un fallo mecánico.

Pepe Blanco, gandeiro: "O carro empezou a arder. Eu estaba nel, baixei e xa vin lume. Desconecteino, pero seguía ardendo. Collín o extintor e non o dei apagado. Chamei un mecánico e despois chamamos os bombeiros. E viñeron eles, pero ardeu".

Os bombeiros de Vilalba foron os encargados de sufocar as lapas. Ademais do carro mesturador, tamén ardeu parte da cuberta dunha nave da granxa, polo que as perdas son cuantiosas.

Pepe Blanco, gandeiro: "O carro xa non vale para nada, e a nave tamén está danada. Estaba alí de fronte, foi moita temperatura e estragouse".

O gando que había no interior da nave onde ardeu o carro, unhas 60 vacas, saíu ileso do incendio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/03/2019