CRTVG

Buscar

Un incendio obriga a evacuar durante varias horas todo un edificio no Porriño

Publicado o 12/01/2019 11:57

O suceso produciuse ás once e media desta noite nun edificio de seis alturas na parroquia de Torneiros, e afectou o cuarto dos contadores eléctricos, que quedou totalmente calcinado. Ao lugar desprazáronse bombeiros do Baixo Miño, servizos de policía local, 061 e protección civil do Porriño e Mos, que por precaución evacuaron todo o edifico pola concentración de fume no seu interior. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.
 

Noticias web

12/01/2019