CRTVG

Buscar

Un incendio obriga a desaloxar un edificio de cinco plantas en Chantada

Publicado o 13/03/2018 21:07

Un incendio en Chantada obriga a desaloxar un edificio de cinco plantas. Unha persoa de idade avanzada tivo que ser trasladada en ambulancia por mor do abundante fume.

Os veciños deste edificio alertaron os servizos de urxencia tras ver como o fume saía polas fiestras. O incendio orixinouse nunha oficina de avogados do segundo andar. As primeiras hipóteses apuntan a un fallo eléctrico.

O excesivo fume provocou que unha persoa de idade avanzada tivera que ser trasladada en ambulancia.Os equipo de bombeiros realizou medicións en todas as plantas e asegura que os veciños hoxe xa poden durmir nas súas casas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018