CRTVG

Buscar

Un incendio obriga a desaloxar catro persoas dunha casa en Sober

Publicado o 05/03/2019 14:17

O incendio que se declarou nunha casa de Sober obrigou a desaloxar os seus ocupantes. Catro persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital de Monforte por resultaren intoxicados. Ao parecer, o lume comezou no colchón dun dos cuartos. A rápida intervención dos bombeiros monfortinos evitou que o lume se espallara por toda a vivenda. Os intoxicados xa están fóra de perigo.

Os propietarios desta casa do lugar de Arxemil, na parroquia soberina de San Martiño de Anllo, sacan os restos do incendio que afectou parte dos cuartos do inmoble e manteñen as ventás abertas para ventilar. O lume non causou grandes estragos pero si que obrigou a trasladar ao hospital de Monforte catro persoas que se atopaban na zona cando comezaron as lapas. Son dous operarios da obra lindeira que acudiron axudar, unha anciá residente na casa e unha veciña que sufriu un mareo pola impresión. Os tres primeiros presentaban unha forte intoxicación por fume. Agora xa están fóra de perigo. A rápida intervención dos bombeiros de Monforte evitou que ardera toda a casa.

Cando chegamos, procedemos a sufocar as lapas con auga en abundancia e a controlar as zonas que non arderan por se había risco de espallamento.

Os bombeiros utilizaron cámaras térmicas coma estas para determinar a temperatura do interior dos cuartos e comprobar así se había risco de que arderan as estancias ás que non chegaran as lapas. Por sorte, e a diferenza do resto de casas da zona, a estrutura do inmoble non é de madeira e o lume non puido avanzar con excesiva velocidade. Os bombeiros tamén permaneceron no lugar unha vez que rematou o incendio para asegurarse de que non reavivara.

Sempre hai que quedar a controlar as consecuencias posteriores cando hai este tipo de incendios. Os primeiros indicios apuntan a que o lume comezou no colchón dun dos durmitorios que hai no inmoble.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019