CRTVG

Buscar

Un incendio nunha fábrica de Valencia obriga os bombeiros a traballar día e noite

Publicado o 31/08/2020 16:11

Outro incendio, nunha fábrica de ferralla en Valencia, obrigou os bombeiros a traballar día e noite. As lapas chegaron ao interior da nave en que se acumulaban grandes cantidades de metais e de plásticos, e que está dentro dun polígono industrial.

O fume do incendio mesmo afectou a operación retorno, xerando retencións de tráfico e colas de varios quilómetros na contorna.

Noticias web

31/08/2020