CRTVG

Buscar

Un incendio nunha fábrica de madeira do Porriño calcina varias máquinas e material

Publicado o 19/08/2021 11:49

No Porriño, as lapas deixaron practicamente desfeita unha fábrica de madeira. Varias chamadas ao 112 alertaban do incendio na nave industrial no lugar da Cavadiña. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros, a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Tardaron varias horas en sufocar o lume.

No interior da fábrica de madeira arderan varias cintas transportadoras, tres máquinas e diverso material. Ademais, as lapas tamén afectaron a parte da fachada exterior da edificación e o teito.

Noticias web

19/08/2021