CRTVG

Buscar

O incendio nunha casa 'okupa' na Coruña desata o medo entre os veciños

Publicado o 25/02/2019 14:25

Un incendio nunha casa ocupada ilegalmente na rúa do Peruleiro, na Coruña, obrigou os bombeiros a unha laboriosa intervención e desatou o medo e as queixas dos veciños.

Completamente calcinada. Así quedou esta vivenda do Peruleiro. Aquí vivía unha parella de xeito ilegal desde hai case dous meses e, segundo a muller que ocupa a casa lindeira, o incendio foi intencionado.

"Foi el. Días antes xa dixeron que tiñan que marchar, pero que antes ían prenderlle lume á casa. Eu pensei que era de broma, pero mira...".

Mentres, outros veciños alertaron os bombeiros.

José Villar, sarxento dos bombeiros da Coruña: "Cando chegamos alí, as lapas xa afectaban a cuberta".

 

Noticias web

25/02/2019