CRTVG

Buscar

Un incendio nun restaurante obriga a desaloxar un edificio en Baiona

Publicado o 08/04/2019 19:38

Sucedeu nun restaurante, que estaba pechado, en pleno centro de Baiona. A intensa fumareda que se formou puido verse en toda a localidade. Os bombeiros tiveron que desaloxar o edificio, onde só estaba unha muller de 58 anos, xa que a maioría das vivendas están baleiras durante o inverno.

Aínda non se coñecen as causas do incendio, aínda que todo apunta a que se orixinou na oficina do negocio por un fallo eléctrico.

 

Noticias web

08/04/2019