CRTVG

Buscar

Un incendio nun piso de Ourense obriga a desaloxar unha ducia de veciños

Publicado o 10/03/2019 11:09

Para extinguir o lume tiveron que intervir as tres unidades do parque de bombeiros da cidade.Ocorreu pouco antes das oito da tarde cando os veciños alertaron de que había lapas nun piso do segundo andar. Os bombeiros tiveron dificultades para acceder á vivenda, na que non había ninguén dentro, e finalmente puideron entrar por unha ventá coa escada.

O incendio. que se orixinou nun cuarto interior por causas que se decoñecen, xerou moita inquitude entre os veciños. O lume provocou danos importantes no piso afectado e tamén estragou as persianas e ventás dos pisos superiores. Máis de dúas horas despois o lume estaba extinguido, pero o edificio quedou sen subminsitración eléctrica, por iso a maioría dos veciños pasaron a noite fóra das súas casas, nun hotel ou con familiares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/03/2019