CRTVG

Buscar

Un incendio nun garaxe obriga a desaloxar tres edificios de Coia

Publicado o 14/03/2019 17:06

• Os veciños xa volveron ás súas casas, pero non poden acceder ás tres plantas do garaxe

Estanse a recuperar do susto desta noite. Máis de cincuenta veciños tiveron que ser desaloxados como consecuencia dun incendio no garaxe do seu edificio. O lume deixou calcinou un coche e unha moto e provocou un fume moi intenso que se propagou con rapidez polas escaleiras do inmoble.

Non houbo danos persoais pero si estragos materiais importantes, que agora haberá que avaliar.

Noticias web

14/03/2019