Un incendio nun colector do lixo calcina tres vehículos e un baixo comercial en Narón
Publicado o 24/09/2019 21:42
Un incendio calcinou esta tarde tres coches no Alto do Castiñeiro, en Narón. O lume prendeu nun colector e alcanzou os vehículos que estaban estacionados en batería. A densa fumareda alertou a unha patrulla da Policía Local que pasaba pola zona e avisou os bombeiros.
Extinguidas as lapas, a Policía Nacional investiga agora as causas deste incendio, que non provocou danos persoais.