CRTVG

Buscar

Un incendio obriga a desaloxar e pechar ao tráfico aéreo do aeroporto de Alacante

Publicado o 15/01/2020 18:50

Non se rexistraron danos persoais no aeroporto de Alacante-Elxe. Por precaución, procedeuse ao desaloxo de pasaxeiros e traballadores inmediatamente despois de que comezara a arder unha das cubertas da terminal de embarque. Tamén se cancelaron a maioría dos 125 voos programados para este mércores. Os afectados contan que viron fume e que os desaloxaron. Esperaron durante horas sin que ninguén os informara sobre os seus voos.

O lume orixinouse ás dúas e media da tarde por causas aínda descoñecidas. Unha traballadora do aeroporto conta que se puido orixinar por mor dunhas obras que se están realizando no falso teito da terminal.

Os bombeiros conseguiron controlar as lapas pouco despois, pero AENA informa que os labores de extinción e ventilación do intenso fume continuarán, polo menos ata as dez e media da noite.

 

Noticias web

15/01/2020