CRTVG

Buscar

O incendio que comezou en Cualedro e afecta Monterrei queimou xa 1.000 hectáreas

Publicado o 30/07/2020 22:48

• Un brigadista tivo que ser evacuado por un golpe de calor

• O persoal técnico forestal anuncia unha folga indefinida

• Desactivada a alerta por proximidade ás casas

Noite de traballo intenso nos principais focos do incendio declarado contra as dúas da tarde en San Millao, no concello de Cualedro, que se estendeu rapidamente pola localidade veciña de Monterrei e poñendo en risco as poboacións da Madanela, San Cristovo Medeiros A Granxa, zona onde se concentraron os labores de control das lapas durante as últimas horas.

Un perímetro complicado, cambios na dirección do vento, o terreo seco, unha alerta amarela por altas temperaturas... todos factores que deron azos ao incendio, que levou por diante non só terreo forestal, senón tamén agrícola: esta é zona de viñedos. Tan virulento que pouco despois da medianoite a estimación oficial xa era de mil hectáreas queimadas.

Con todo, un dos momentos máis tensos foi á tarde, cando as lapas se achegaron perigosamente ao núcleo de San Cristovo, en Monterrei, onde foron evacuadas vivendas. Todos os veciños colaboraron, uns afanábanse en protexer as súas prpiedades.

Cando a outros xa lles arderan terreo no mesmo núcleo rural xa a primeira hora da tarde, tan pronto se declarara.

A unidade militar de emerxencias colaborou nuns perigosos traballos de extinción que incluso causaron feridas a un brigadista, que foi trasladado ao hospital sen afectacións graves. O conselleiro de medio rural desprazouse á zona e destacou o gran número de efectivos, terrestres e aéreos.

115 brigadistas da UME traballaron de noite con 6 autobombas, 1 nodriza e 1 máquina D5 T. Realizaron misións de ataque directo ao lume en San Millan, A Madanela e Medeiros.