Un incendio forestal en Rois afecta vinte hectáreas de terreo
Publicado o 31/08/2021 20:12

A Consellería de Medio Rural informou esta tarde dun incendio forestal activo no concello coruñés de Rois, na parroquia de Leroño.
O lume iniciouse ás 17:40 horas e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control levan participado ata o de agora tres técnicos, catro axentes, trece brigadas, oito motobombas, dúas pas, catro avións e cinco helicópteros.