CRTVG

Buscar

Un incendio forestal en Quiroga obrigou a cortar o tráfico na N-120

Publicado o 03/07/2019 09:47

Un incendio forestal no municipio lucense de Quiroga obrigou a cortar onte, de xeito puntual, o tráfico na Nacional 120. Foi no treito máis cercano ao lume, á altura da parroquia de Montefurado, onde tamén afectou a liña ferroviaria Monforte-León. O lume prendeu ás cinco da tarde e quedou estabilizado tres horas despois. Afectou unhas oito hectáreas de monte raso, segundo as primeiras estimacións de Medio Rural. Nos traballos de extinción participaron oito brigadas forestais, dous axentes, catro motobombas e dous helicópteros.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019