CRTVG

Buscar

Un incendio forestal en Monforte de Lemos calcina xa máis de 20 hectáreas

Publicado o 31/03/2021 19:58

Un incendio forestal permanece activo en Moforte de Lemos. Desde este mediodía afecta á parroquia de Marcelle, e segundo as primeiras estimacións da Consellería de Medio Rural, xa calcinou máis de vinte hectáreas.

Nas tarefas de extinción participan sete brigadas, tres motobombas e oito medios aéreos. Un avión de carga en terra sufriu un reventón nunha roda durante unha manobra de repostaxe na base de Doade.

Os efectivos traballaron na súa reparación para volvelo á operatividade.

Noticias web

31/03/2021