CRTVG

Buscar

Controlado o incendio forestal en Culleredo que puxo en alerta os servizos de extinción

Publicado o 08/09/2019 21:10
Controlado o incendio forestal en Culleredo que puxo en alerta os servizos de extinción

Pouco despois das catro da tarde deste domingo iniciaba no concello de Culleredo un incendio do que aínda non se coñece toda a súa extensión, pero que se divisa desde diferentes puntos da comarca. A densa fumareda pode provocar o corte dalgunha das estradas próximas.

Equipos de extinción de incendios de Medio Rural traballan con catro helicópteros e dous hidroavións, tres axentes, oito brigadas, seis motobombas e unha pa.

A proximidade de núcleos de vivendas fai que os esforzos se redobren na súa extinción. No aeroporto de Alvedro están pendentes tamén da evolución do lume, ante a posibilidade de que afecte o tráfico aéreo. 

O incendio estaba controlado catro horas máis tarde cunha superficie afectada de arredor de 10 hectáreas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí