CRTVG

Buscar

Continúa activo o incendio de Verín e xa leva arrasadas unhas 120 hectáreas

Publicado o 23/07/2020 09:08

Un incendio que vai dende Verín a Vilardevós obriga a cortar a A-52. O lume arrasou xa máis de 120 hectáreas tras avanzar sen control nunha zona paralela á autovía das Rías Baixas. 9 avións, 10 helicópteros e numerososo medios terrestres traballan para atallar este incendio que afecta xa dous concellos.

As lapas obrigaron a cortar a A-52 esta tarde durante unha media hora á altura de Queirugás, en Verín, pero nestes momentos o tráfico está restablecido. Iso si, hai moito fume e recoméndase evitar este treito no posible. O incendio comezou pasadas as tres e media da tarde. Calcúlase que a estas alturas arderon xa máis de 100 hectáreas.

Ademais, segundo fontes de Medio Rural, este mércores rexistráronse outros incendios de menor envergadura nos concellos de Monterrei (Ourense), Cangas (Pontevedra), Vilalba (Lugo), Cartelle (Ourense) e Lobeira (Ourense). O máis grande afectou a Monterrei, onde as lapas queimaron entre dúas e tres hectáreas. O resto foron conatos que xa se atopan extinguidos e que non chegaron a afectar a unha hectárea de superficie.