Un incendio estraga unha nave de cítricos en Castelló
Publicado o 24/08/2020 15:05
Un incendio estragou esta noite por completo un almacén de cítricos na localidade de Burriana en Castelló. A rápida actuación dos bombeiros evitou que as lapas se propagasen á liña de produción da nave e á zona de oficinas. Aínda así, ademais do almacén arderon tres camións, un turismo e unha carretilla mecánica. Está aberta unha investigación para aclarar as causas do incendio.