CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Un incendio en Vilaboa obrigou a restrinxir o tráfico na AP-9

Publicado o 11/09/2018 21:18
Un incendio en Vilaboa, moi preto da autoestrada AP-9, causou restriccións de tráfico e sembrou a aalarma entre os veciños da zona, dada a proximidade das casas á zona das lapas.

Os efectivos de extinción controlaron a situación e restableceuse a normalidade na zona. Axentes de Tráfico tiveron que intervir para canalizar por un só carril a circulación en sentido Vigo.

A orixe do lume estivo nun vertedoiro incontrolado no que se acumulan restos de colchóns e mobles. As lapas estendéronse á superficie forestal, pero resultou pouco afectada.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018