CRTVG

Buscar

Un incendio en Trives deixa un veciño sen fogar

Publicado o 11/10/2021 14:50

Un veciño perdeu a súa vivenda e todo o que contiña nun incendio declarado esta fin se semana en Trives, Ourense. 

Por fortuna o único inquilino da casa de Vilanova, en Trives, saíu ileso, pero todo o que acumulou na súa vida quedou reducido a cinsa. Luís estaba xa no cuarto cando, sobre a unha e media da mañá, comezou o lume por causas que investigan. 

O incendio foi voraz, espertou todos os veciños da aldea que axiña acudiron no seu auxilio. Tamén Protección Civil, o GES e os bombeiros chegaron axiña e como a vivenda xa era imposible salvala, centráronse en que as lapas non se espallasen ás casas lindeiras.  

O propietario, moi afectado e apesarado, vive agora na residencia de maiores de Trives

 

 

 

Noticias web

11/10/2021