CRTVG

Buscar

Un incendio en Ourense provoca numerosos danos nunha vivenda

Publicado o 26/06/2019 10:30

Os veciños foron os que chamaron os servizos de urxencias porque saia moito fume do interior dun dos pisos deste edificio situado no barrio da Ponte. Varias dotacións de bombeiros achegáronse ao lugar para sufocar as lapas. Así mesmo, a Policía Local cortou o tráfico durante o tempo que duraron as tarefas de extinción.

Ao parecer, unha parella deixou a cea ao lume mentres foron ata a estación de tren. No momento en que chegaron os bombeiros a dona do piso apareceu, deulles as chaves e os bombeiros entraron na cociña con extintores. A cociña quedou inservible. Arderon todos os mobles.





 

Noticias web

26/06/2019