CRTVG

Buscar

Máis de 20 familias dun edificio de Marín, pendentes de volver á casa tras o incendio

Publicado o 20/05/2019 14:49

Día de avaliación por parte dos expertos da situación en que quedaron os dous bloques de vivendas de Marín afectados por un incendio. Polo de agora só poden volver ás súas casas as 9 familias que viven no bloque da dereita. Unha vez que se comprobou que non tiña danos estruturais, restableceron xa a subministración de luz e auga.

Peor sorte teñen as familias que viven no bloque no que se orixinou o incendio. O balance é de dúas vivendas calcinadas, outras tres moi afectadas e o resto precisan arranxos antes de poder seren habitadas. En total son 11 familias as que continúan desaloxadas. A maior parte delas instaláronse provisionalmente en casas de familiares e amigos, salvo 17 persoas que foron aloxadas nun hotel.

Polo de agora aínda non se sabe a causa que provocou o incendio. A Policía Científica abriu unha investigación para esclarecer a orixe. Tamén este luns visitaron o lugar peritos dos seguros, ademais de técnicos do Concello e os bombeiros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019