Un incendio nun piso en Fene obriga a desaloxar un edificio de tres plantas
Publicado o 22/07/2019 14:34
O incendio orixinouse a tarde pasada no cuarto dun neno no terceiro piso dun edificio de catro plantas na parroquia de Maniños, en Fene. Ata alí desprazáronse os corpos de seguridade para sufocar o lume e controlar a situación.
Unha veciña tivo que ser trasladada ao hospital debido ao estado de nerviosismo en que se atopaba e, afortunadamente, non houbo danos persoais. A estrutura do segundo e do cuarto andar quedaron afectadas, polo que os veciños do edificio foron realoxados nun hostal da zona para pasar a noite.
Polo de agora, toca esperar a que a Policía Científica determine a causa que orixinou o lume.