CRTVG

Buscar

Un incendio en Cádiz deixa unha persoa morta e 17 intoxicados

Publicado o 30/11/2019 19:07

Outra muller faleceu, no seu caso, no incendio dun edificio de Puerto Real en Cádiz. Outros 17 veciños resultaron intoxicados.
O lume declarouse nunha vivenda do primeiro andar e rapidamente extendeuse polo oco da escaleira. Moitos veciños tiveron que fuxir polas ventás coa axuda dos bombeiros. A vítima mortal, de 65 anos, vivía xusto enriba do piso onde se declarou o lume. Ao abrir a porta unha gran fumareda entrou intoxicándoa a ela, o seu marido e o fillo.

 

Noticias web

30/11/2019