CRTVG

Buscar

Un incendio doméstico calcina un alpendre en Gondomar

Publicado o 31/07/2020 16:05

Blackie ten gañados todos os aloumiños da casa porque se non chega a ser por ela, as lapas que consumían este alpendre moi posiblemente acabarían co galiñeiro e quen sabe se tamén chegarían ás vivendas lindeiras. De madrugada, a cadela reclamou a atención dos seus donos, que estaban durmindo.

Os bombeiros do Val Miñor e os do Baixo Miño empregaron 13.000 litros de auga e máis de catro horas de traballo en controlar, primeiro, e extinguir, despois, o incendio que se declarou no cuberto onde se gardaban ferramentas e a leña para todo o inverno.

Un curtocircuíto é a causa máis probable do incendio, que rematou sen feridos grazas, sobre todo, a esta cadela.

Noticias web

31/07/2020