Un incendio dispara as alarmas no hospital de Ferrol
Publicado o 29/07/2021 15:08
Os bombeiros de Ferrol sufocaron un incendio declarado na planta de Xinecoloxía do hospital Arquitecto Marcide.
O lume orixinouse no cadro eléctrico do segundo andar, dedicado a partos, e provocou danos e unha intensa fumareda nun dos paritorios. Tres pacientes que se atopaban nesa zona foron trasladas a outra área e non houbo que lamentar danos persoais.