CRTVG

Buscar

Un incendio destrúe por completo unha vivenda deshabitada en Lugo

Publicado o 21/04/2017 12:54

As primeiras hipóteses apuntan a que o lume foi provocado dado que na casa non había subministración eléctrica e hai indicios de que había xente que accedía á vivenda sen que os donos tivesen coñecemento

Este era o momento en que un voraz incendio calcinaba por completo unha vivenda do barrio da Residencia, en Lugo. O lume desencadeouse pasadas as dez e media da noite. A dona da vivenda, que estaba deshabitada, reside moi preto de aquí e foron os veciños os que a alertaron. 

O interior da casa quedou completamente destruído, o tellado caeu e apenas quedou a estrutura da vivenda. Todo parece indicar que o incendio foi provocado, dado que na casa non había subministración eléctrica e hai indicios de que había xente que accedía á vivenda pola parte traseira do terreo, sen que os seus donos tivesen coñecemento desta situación.

A presenza de ocupantes ilegais e os incendios en vivendas abandonadas non son nada novo para este barrio, onde hai uns días os bombeiros tiñan que apagar outro incendio nesta outra vivenda. Os veciños da zona levan anos reivindicando que o barrio está abandonado dende que deixou de funcionar aquí o hospital e esixen melloras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017