Un incendio destrúe en Sevilla unha das maiores plantas de reciclaxe de papel de Europa
Publicado o 14/05/2019 13:01
Un incendio destruíu unha planta de reciclaxe de papel e cartón na localidade sevillana de Dos Hermanas.
A planta sinistrada era unha das maiores de Europa no tratamento deste tipo de residuos.
O lume iniciouse onte a últimas horas da tarde e nos traballos de extinción participaron varias dotacións de bombeiros.
Xa está aberta unha investigación para coñecer as causas do incendio.