CRTVG

Buscar

Un incendio destrúe a planta baixa dunha casa okupada na Coruña

Publicado o 23/03/2019 20:41

O pasado xoves un incendio destruíu parte dunha vivenda unifamiliar do barrio de Eirís, na Coruña. Foi o enésimo infortunio para propietario da casa, que levaba máis de tres anos okupada. A última okupa marchou do inmoble hai algo máis de dúas semanas. Daquela o dono contratou unha empresa de limpeza e pediulle a un albanel que tapiara as portas e as ventás. Tardou demasiado. Tres días despois de recuperar as chaves, a casa volvía estar okupada, desta vez por unha parella. O propietario interpuxo unha nova denuncia, pero antonte un lume presuntamente intencionado queimou por completo a planta baixa.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/03/2019