CRTVG

Buscar

Un incendio deixa danos importantes nunha igrexa do século XIII de Plasencia, en Cáceres

Publicado o 03/08/2020 11:29

En Plasencia, Cáceres, un incendio deixa danos importantes na igrexa de San Martín, do século XIII.

A porta norte do templo empezou a arder contra as nove e media da noite pasada e a policía desaloxou as vivendas de arredor.

Non se descarta que o incendio fose intencionado. Polo que se ve, a porta norte quedou destruída, pero descoñécese como afectou o lume o interior.

A igrexa alberga o segundo retablo máis importante da cidade estremeña, con pinturas de Luis de Morales, do século XVI.

Noticias web

03/08/2020