CRTVG

Buscar

Un incendio deixa calcinado un alpendre en Gondomar

Publicado o 22/11/2019 13:18

Bo susto o que levou unha familia de Gondomar esta madrugada, como consecuencia do incendio no alpendre a carón da súa vivenda. Empregábano como garaxe e o lume deixou totalmente calcinada unha furgoneta e outras pertenzas que almacenaban. Investíganse as causas do incendio pero todo apunta a un curtocircuíto. Había sete persoas na casa, pero ninguén se feriu.  

O alpendre desta casa da parroquia de Chaín, en Gondomar, que os seus propietarios empregaban a modo de garaxe e almacén, quedou totalmnte calcinado. O lume calcinou a furgoneta e a moto aparcadas no seu interior e outras pertenzas como ferramentas e apeiros de labranza. Sucedeu de madrugada, pero os propietarios e os seus veciños decatáronse do incendio e avisaron os servizos de emerxencia.

No momento dos feitos había sete persoas na vivenda, entre elas dous menores. Afortunadamente o lume non afectou a casa da que saíron polo seu propio pé para evitar riscos e a inhalación de fume. Haberá que agardar á investigación, pero a familia pensa que foi un curtocircuíto na furgoneta.

Os bombeiros do Porriño e do Val Miñor traballaron no lugar por espazo de dúas horas ata que conseguiron extinguir por completo o lume.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019