CRTVG

Buscar

Un incendio dana o taller dunha vivenda na Estrada

Publicado o 10/10/2019 21:45
Un incendio dana o taller dunha vivenda na Estrada

Os equipos de emerxencia extinguen o incendio orixinado nunha vivenda da parroquia de Berres (A Estrada). Foi un veciño quen alertou do acontecido, arredor das 19.30 horas, despois de observar que saía fume do baixo dunha casa.

Nos labores de extinción participan os servizos de Emerxencias da Estrada, bombeiros do parque intercomarcal de Silleda, axentes forestais de Forcarei e Garda Civil. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí