CRTVG

Buscar

Un incendio calcina seis autocaravanas dunha empresa de alugueiro de Pontecesures

Publicado o 08/11/2019 12:31

Pasadas as dúas e media desta mañá, un camioneiro que circulaba pola zona avisou o dono desta empresa de alugueiro de caravanas de Pontecesures, de que algúns dos vehículos estaban ardendo. Rapidamente chamou a emerxencias e desprazouse ata alí. Nun primeiro momento, o principal risco eran as bombonas de butano coas que están equipadas as autocaravanas, xa que no edificio contiguo hai varias vivendas.

Deseguido desaloxaron os veciños e puideron sacar as bombonas antes de que estouparan. Ao lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil de Valga, da Garda Civil e os bombeiros do Salnés. Tardaron unhas tres horas en extinguir o lume. Os seis vehículos que estaban aparcados fóra quedaron arrasados polas lapas, dous deles están calcinados por completo. Á falta dunha avaliación oficial dos danos, o propietario estima que as perdas superan os 300.000 euros.

A Garda Civil investiga agora as causas do lume, pero todo apunta a que foi intencionado, xa que as portas dos vehículos estaban forzadas e varias das autocaravanas só arderon por dentro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019