CRTVG

Buscar

Un incendio calcinou unha casa de turismo rural na Cañiza

Publicado o 01/12/2017 13:50

Un incendio calcinou o restaurante dunha casa de turismo rural en Valeixe, no concello da Cañiza. Todo o seu interior era de madeira e propagouse con rapidez. Cando chegaron os bombeiros as lapas xa saían polo tellado.A vivenda anexa non resultou afectada nin houbo feridos.

Foi un particular o que alertou o 112 de que había un incendio no interior dun restaurante pasada a unha e media da madrugada. Sucedeu en Valeixe, no concello pontevedrés da Cañiza. O establecemento é un anexo dunha casa de turismo rural e o seu interior era todo de madeira. Os propietarios intentaron, nun primeiro momento, sufucar as lapas cunha mangueira pero, dada a súa virulencia, non foron capaces de apagar o lume.

Ata o lugar acudiron primeiro os bombeiros de Ponteareas, pero precisaron da axuda dos bombeiros do Porriño. Estiveron catro horas sufocando as lapas. Ao ser todo o interior de madeira, as lapas propagáronse con rapidez e calcinaron todo o seu interior. A vivenda anexa non sufriu danos e tampouco os seus propietarios. Polo de agora descoñécense as causas do incendio

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/12/2017